O comezo da aventura ou por que precisamos "Mulleriñas"

My Brothers Have Not Read Little Women

We sailed to Treasure Island,
Became Lord of the Flies,
We saw ourselves in Holden C,
Damaged, sad and wise.

We gave our time to Oliver,
Our hearts to Spider-man.
Followed Charlie to the factory,
Took flight with Peter Pan.

Your words are universal.
Your characters are true.
Your stories transcend gender,
But women write books too.

- Scarlett Curtis


Con este poema abrimos o blog "Un cuarto de seu" para a materia de Literatura Universal de 1º de Bacharelato. O derradeiro verso "but women write books too" recolle a idea central que hoxe nos trae ata aquí. "Un cuarto de seu" – que toma o nome da obra de Virginia Wolf  pretende ser un espazo na rede a través do que achegarse ao estudo da literatura escrita ou protagonizada por mulleres. Con el, e tras viaxar ao longo do curso polas letras de Dickens, Salinger, Kafka ou Poe, queremos abrir o currículo da materia máis alá dun canon literario no que prima a autoría masculina e a perspectiva occidental.

Entendemos que a literatura, como as demais formas culturais, é un axente hexemónico que actúa sobre a construción do xénero. Precisamos autoras nos libros de texto, personaxes femininos que non se subordinen ao heróe do conto; precisamos historias escritas por mulleres para lernos e para ler o noso lugar no mundo.

Co traballo neste blog, como alumnado de 1º de Bacharelato, construímos o noso cuarto propio. A través das próximas sesións iremos descubrindo a presenza das mulleres na literatura, ben en forma de escritoras ou de protagonistas.



Jo March, protagonizada por Saorise Ronan, na última adaptación da novela Mujercitas de Louisa May Alcott

Comentarios

Publicacións populares