Rosalía de Castro, a "literata"


rdecastro by anonymous


Probablemente a maioría de vós coñeza á, quizais, autora máis afamada das nosas letras. Mais, ademais das obras que puidéramos ler e analizar nas materias de Lingua e literatura galega (Cantares gallegos, Follas novas) ou de Lingua e literatura castelá (En las orillas del Sar), Rosalía escribiu tamén un interesante documento sobre a muller escritora: Las literatas. Carta a Eduarda

"Las literatas. Carta a Eduarda" é un artigo escrito en 1865 e publicado en Lugo dentro do Almanaque de Galicia para uso de la juventud elegante y de buen tonoO texto é un ensaio en forma de carta ficticia escrita baixo o nome de Nicanora e dirixida a Eduarda. Rosalía publica unha nota ao final da carta explicando que a atopou nun maletín mentres paseaba pola cidade e decidiu publicala. Este se trata, probablemente dun recurso de distanciamento ante a polémica que puidera xerar a defensa da muller escritora, a "literata". Escolle o xénero epistolar, para aumentar o realismo e por ser un medio idóneo para a exposición e o debate de coñecementos entre mulleres acomodadas.

Mais adiante, analizaremos na aula un texto irmán de Virginia Woolf, Un cuarto de seu, onde volveremos sobre algunha das cuestións que formulaba Rosalía.


Comentarios

Publicacións populares