Chimamanda e o perigo dos relatos únicos
As historias importan. Importan moitas historias. As historias empregáronse para desposuír e calumniar, pero tamén poden usarse para facultar e humanizar. Poden quebrar a dignidade dun pobo, dun xénero, dunha raza, pero tamén poden restaurala.
- Que significa para Chimamanda Adichie o "perigo dunha historia única"? Que significa para ti?
- Como relacionarías o contido do vídeo coa materia e, máis concretamente, coa literatura escrita por mulleres?
Esta é unha das TED talks máis populares de Chimamanda, conta con máis de doce millóns de reproducións. A autora fai unha chamada para loitar conta o "relato único" e reivindicar a diversidade de historias que nos conforman. Mais, ademais de conferenciante e activista, Chimamanda Adichie é escritora. Entre as súas novelas salientan La flor púrpura (Purple Hibiscus, 2003), Americanah (2013) e os ensaios Todos deberíamos ser feministas (We Should All Be Feminist, 2015) e Querida Ijeawele. Cómo educar en el feminismo (2017).
Comentarios
Publicar un comentario